Poñemos á túa disposición unha ampla oferta formativa: en Formación Profesional Básica, o curso de Reforma e Mantemento de Edificios –no que aprenderás decoración e interiorismo con proxectos reais– e o de Servizos Administrativos. Ambos che permitirán o acceso directo a ciclos de grao medio e á reválida da ESO.
En grao medio, ofrecémosche o noso popular ciclo de Xestión Administrativa. E en canto a outras opcións de formación, temos a novidade do curso de Seguridade Privada, ademais da formación continua e formación ocupacional.