A realidade que percibimos constrúese a partir dos sinais que nos chegan a través dos sentidos. O ilusionismo aproveita as fisuras no proceso de percepción para producir efectos sorprendentes que parecen ir en contra da lóxica. Nesta apaixonante exposición os nosos alumnos puideron coñecer a súa base científica, comprobar como xoga co noso cerebro e experimentar por eles mesmos sinxelos trucos de maxia. Tamén constataron dunha maneira didáctica e lúdica como o cerebro pode alterar a percepción das cousas, canto nos pode divertir e quen llo toma moi en serio.