Formación continua e ocupacional

A Formación continua vai dirixida a traballadores asalariados que coticen á Seguridade Social.

Quen son os beneficiarios e cal é o custo?

Empresas que teñan do territorio do estado español e coticen pola continxencia da formación profesional. Estas poderán utiliza-lo seu crédito de formación continua exclusivamente para formar ós traballadores da súa plantilla.

O crédito calcúlase aplicando o importe ingresado pola empresa en concepto de cota de Formación Profesional durante o ano natural anterior, a porcentaxe de bonificación que se estableza na Lei de Presupostos Xerais do Estado en función do tamaño das empresas. As empresas de 1 a 5 traballadores terán un crédito establecido de 420€ por empresa. A empresa poderá bonificarse do crédito que lle corresponda, unha vez realizada a formación e abonado o importe da mesma, nos seguros sociais dentro do ano en curso.

As empresas de mais de 5 traballadores, para facer efectiva a bonificación, é necesario que realicen unha contribución privada, entendida como custe salarial dos traballadores formados en horario laboral. Non é unha contribución en cartos.

CATÁLOGO DE CURSOS

FORMACIÓN CONTINUA

A Formación ocupacional vai dirixida a persoas inscritas no INEM ou nas Oficinas de Traballo.

Descrición, obxectivos e acceso

Son flexibles na súa programación, contidos, duración e horarios. Pódense realizar nos Centros de Formación Ocupacional (CFO), centros colaboradores, ou nas mesmas empresas. Están financiados conxuntamente polo Fondo Social Europeo e polos Departamentos / Consellerías de Traballo das diferentes Comunidades Autónomas. Poden facer cursos de Formación Ocupacional todas as persoas de 16 a 65 anos, independentemente da súa formación previa, o único requisito para acceder é estar inscrito no INEM ou nas Oficinas de Traballo das diferentes Comunidades Autónomas.
A pesar de que a maior parte destes cursos diríxense a persoas en paro, tamén hai unha ampla oferta de cursos para traballadores en activo, como forma de reciclaxe profesional. A miúdo hai que pasar unhas probas de selección para entrar nos cursos, para asegurarse de que as persoas que o sigan poderán seguir o ritmo de aprendizaxe e sacarlle un bo rendemento. Procúrase que os grupos de alumnos sexan o máximo de homoxéneos, en idade, situación laboral, formación e experiencia.

NOME DO CERTIFICADOCÓDIGONIVELHORAS
Actividades administrativas na relación có cliente(ADGG0208)2800
Operacións de grabación e tratamento de datos e documentos(ADGG0508)1440
Docencia da formación profesional para o emprego(SSCE0110)3380
Mediación comunitaria(SSCG0209)3420
Representación de proxectos de edificación(EOCO0108)3600
Representación de proxectos de obra civil(EOCO0208)3600
Dinamización comunitaria(SSCB0109)3610
Inserción laboral para persoas con discapacidade(SSCG0109)3470
Actividades de xestión administrativa(ADGD0308)2880
Operacións auxiliares de servizos administrativos xerais(ADGG0408)1430
Confección e publicación de páxinas web(IFCD0110)2560
Sistemas microinformáticos(IFCT0209)2600

OUTROS CURSOS

SEGURIDADE

Seguridade privada abre as portas a postos de traballo como vixiante de seguridade privada.

Cales son os requisitos para realizar o curso?

1. Ser maior de idade.
2. Ter a nacionalidade de algún dos Estados da Unión Europea.
3. Estar en posesión do título Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores.
4. Posuír a aptitude física e a capacidade psíquica según o dispoato al efecto no Real Decreto 2487/1998.
5. Carecer de antecedentes penais por delitos dolosos.
6. Non ser condenado por intromisión ilexítima no ámbito de protección do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, do segredo das comunicacións ou doutros dereitos fundamentais nos cinco anos anteriores á solicitude.
7. Non ser sancionado nos dous ou catro anos anteriores por infracción grave ou moi grave, respectivamente, en materia de seguridade privada.
8. Non ser separado do servizo nas Forzas Armadas ou nas Forzas e Corpos de Seguridade españolas ou do país da súa nacionalidade ou procedencia nos dous anos anteriores.
9. Posuír o diploma ou certificación acreditativa de superar o curso ou cursos correspondentes nos centros de formación de seguridade privada autorizados pola Secretaría de Estado de Seguridade.

NOME DO CERTIFICADOHORAS
Vixiante de Seguridade180
Vixiante de explosivos30
Escolta privado60
Cursos específicos10+10