Formación Profesional Ciclos

O Grao medio como acceder? Podes acceder por dúas vías

Acceso directo

fai falta ter o título de graduado en educación secundaria ou equivalente.

Acceso mediante proba

podes concorrer, con carácter xeral, se cumpriches 17 anos ou se os cumpres no ano en que se realicen as probas

Que título e saídas ten? O rematar o ciclo obterás un título de técnico e acceso ao mercado laboral

O Ciclo de grao medio, no mundo laboral, sitúate nun nivel 2 de cualificación dentro da Unión Europea.

O título ofrece dous tipos de saídas.

Saídas profesionais.

O último estudo de inserción laboral indica que preto do 81 % das persoas tituladas de FP atopou emprego nos seis meses seguintes á finalización do ciclo formativo, e máis do 70 % delas indica que o seu emprego está relacionado cos estudos cursados.

Saídas académicas.

Co título de técnico podes acceder ao primeiro curso de calquera modalidade de bacharelato. Tamén tes a posibilidade de cursar un ciclo de grao superior se cumpres os requisitos de acceso directo ou superas a proba de acceso para estes ciclos. Tamén podes acceder directamente, sen proba de acceso, a determinadas ensinanzas universitarias. Nos actuais plans de estudos de 1º e 2º ciclo só podes acceder a determinadas titulacións.

Para iso, as universidades reservan: O 15 % das prazas en titulacións de primeiro ciclo (enxeñarías técnicas, diplomaturas, maxisterio, etc.). O 7 % das prazas en titulacións de primeiro e segundo ciclo (enxeñarías, licenciaturas, etc.).

CICLO FORMATIVO DE GRAO MEDIO

XESTIÓN ADMINISTRATIVA

Denominación

Xestión Administrativa

Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRADO MEDIO
Duración: 2.000 horas
Familia profesional: ADMINISTRACIÓN Y GESTIÓN
Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de la Educación)


Entorno profesional.

Como traballador poderás realizar actividades de apoio administrativo laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela aplicando a normativa e os protocolos de calidade e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo e xestión.


As ocupacións e os postos de traballo máis reseñables son:
• Proba de acceso ó ciclo superior
• Auxiliar administrativo/a
• Auxiliar administrativo/a
• Administrativo/a comercial
• Auxiliar administrativo/a de: xestión de persoal (admon. pública)
• Empregado/a de medios de pagamento
• Empregado/a de atención a clientela
• Empregado/a de tesouraría
• Recepcionista

1º CURSO Inglés 160 horas
1º CURSO Operacións administrativas de compraventa 133 horas
1º CURSO Tratamento informático da información 267 horas
1º CURSO Técnica contable 133 horas
1º CURSO Operacións auxiliares de xestión de tesorería 160 horas
1º CURSO Formación y orientación laboral 107 horas
TOTAL 1º CURSO 960 horas
2º CURSO Comunicación empresarial e atención ao cliente 123 horas
2º CURSO Empresa e Administración 123 horas
2º CURSO Operacións administrativas de recursos humáns 123 horas
2º CURSO Tratamento da documentación contable 105 horas
2º CURSO Empresa na aula 156 horas
2º CURSO Formación en centros de traballo. 410 horas
TOTAL 2º CURSO 1040 horas

A que outros estudos se pode acceder?.

Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.