Sabíades que o Día Internacional da Muller orixinouse en 1857? E non precisamente como unha celebración: aquel 8 de marzo, centos de mulleres dunha fábrica de téxtiles de Nova York saíron á rúa para protestar polos baixos soldos que percibían (eran menos da metade do que cobraban os homes) e polas pésimas condicións nas que traballaban. Aquela manifestación acabou mal, coa Policía dispersando a protesta. 120 das mulleres que decidiron gritar pola igualdade faleceron, pero as traballadoras non se deixaron amedrentar e dous anos despois fundaron o seu primeiro sindicato.