Formación Profesional
Qué e?

A formación profesional é un proceso educativo que ten como obxectivo preparar ás persoas para desempeñar de maneira eficiente e competente unha actividade laboral ou profesional específica. Este tipo de formación céntrase en adquirir coñecementos, habilidades e competencias prácticas relacionadas cun oficio, profesión ou sector produtivo, permitindo aos individuos incorporarse ao mercado laboral con maior preparación e capacidade de adaptación. A formación profesional pode ofrecerse a través de cursos, ciclos formativos, programas de capacitación en empresas ou institucións educativas especializadas, e xeralmente está orientada á mellora da empregabilidade e ao desenvolvemento de habilidades técnicas e prácticas.
Somos un centro concertado pola Xunta de Galicia, autorizado para impartir Formación Profesional Básica e Grao Medio. O noso compromiso é ofrecer unha educación de calidade, próxima e adaptada ás necesidades dos nosos estudantes. Contamos contigo para seguir crecendo xuntos!
Graos Medios
A quen van dirixidos?
Graos Medios en Ourense.
Formación pensada para calquera persoa que aspire a un perfil técnico cuxo obxectivo é preparar ao alumnado para a súa fácil inserción laboral ou para continuar estudos superiores.

GRAOS MEDIOS
XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Denominación
Xestión Administrativa
Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRADO MEDIO
Duración: 2.000 horas
Familia profesional: ADMINISTRACIÓN Y GESTIÓN
Referente europeo: CINE-3 (Clasificación Internacional Normalizada de la Educación)

Entorno profesional.
Como traballador poderás realizar actividades de apoio administrativo laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal. Atención á clientela aplicando a normativa e os protocolos de calidade e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental. Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo e xestión.
As ocupacións e os postos de traballo máis reseñables son:
• Proba de acceso ó ciclo superior
• Auxiliar administrativo/a
• Auxiliar administrativo/a
• Administrativo/a comercial
• Auxiliar administrativo/a de: xestión de persoal (admon. pública)
• Empregado/a de medios de pagamento
• Empregado/a de atención a clientela
• Empregado/a de tesouraría
• Recepcionista
Módulos do Ciclo formativo
| 1º CURSO Inglés | 160 horas |
| 1º CURSO Operacións administrativas de compraventa | 133 horas |
| 1º CURSO Tratamento informático da información | 267 horas |
| 1º CURSO Técnica contable | 133 horas |
| 1º CURSO Operacións auxiliares de xestión de tesorería | 160 horas |
| 1º CURSO Formación y orientación laboral | 107 horas |
| TOTAL 1º CURSO | 960 horas |
| 2º CURSO Comunicación empresarial e atención ao cliente | 123 horas |
| 2º CURSO Empresa e Administración | 123 horas |
| 2º CURSO Operacións administrativas de recursos humáns | 123 horas |
| 2º CURSO Tratamento da documentación contable | 105 horas |
| 2º CURSO Empresa na aula | 156 horas |
| 2º CURSO Formación en centros de traballo. | 410 horas |
| TOTAL 2º CURSO | 1040 horas |
A que outros estudos se pode acceder?.
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
