A Formación ocupacional vai dirixida a persoas inscritas no INEM ou nas Oficinas de Traballo.

Descrición, obxectivos e acceso
Son flexibles na súa programación, contidos, duración e horarios. Pódense realizar nos Centros de Formación Ocupacional (CFO), centros colaboradores, ou nas mesmas empresas. Están financiados conxuntamente polo Fondo Social Europeo e polos Departamentos / Consellerías de Traballo das diferentes Comunidades Autónomas. Poden facer cursos de Formación Ocupacional todas as persoas de 16 a 65 anos, independentemente da súa formación previa, o único requisito para acceder é estar inscrito no INEM ou nas Oficinas de Traballo das diferentes Comunidades Autónomas.
A pesar de que a maior parte destes cursos diríxense a persoas en paro, tamén hai unha ampla oferta de cursos para traballadores en activo, como forma de reciclaxe profesional.
A miúdo hai que pasar unhas probas de selección para entrar nos cursos, para asegurarse de que as persoas que o sigan poderán seguir o ritmo de aprendizaxe e sacarlle un bo rendemento. Procúrase que os grupos de alumnos sexan o máximo de homoxéneos, en idade, situación laboral, formación e experiencia.
Os nosos cursos de formación ocupacional
NOME DO CERTIFICADO | CÓDIGO | NIVEL | HORAS |
---|---|---|---|
Actividades administrativas na relación có cliente | (ADGG0208) | 2 | 800 |
Operacións de grabación e tratamento de datos e documentos | (ADGG0508) | 1 | 440 |
Docencia da formación profesional para o emprego | (SSCE0110) | 3 | 380 |
Mediación comunitaria | (SSCG0209) | 3 | 420 |
Representación de proxectos de edificación | (EOCO0108) | 3 | 600 |
Representación de proxectos de obra civil | (EOCO0208) | 3 | 600 |
Dinamización comunitaria | (SSCB0109) | 3 | 610 |
Inserción laboral para persoas con discapacidade | (SSCG0109) | 3 | 470 |
Actividades de xestión administrativa | (ADGD0308) | 2 | 880 |
Operacións auxiliares de servizos administrativos xerais | (ADGG0408) | 1 | 430 |
Confección e publicación de páxinas web | (IFCD0110) | 2 | 560 |
Sistemas microinformáticos | (IFCT0209) | 2 | 600 |