A Formación continua vai dirixida a traballadores asalariados que coticen á Seguridade Social.

Quen son os beneficiarios e cal é o custo?
Empresas que teñan do territorio do estado español e coticen pola continxencia da formación profesional. Estas poderán utiliza-lo seu crédito de formación continua exclusivamente para formar ós traballadores da súa plantilla.
O crédito calcúlase aplicando o importe ingresado pola empresa en concepto de cota de Formación Profesional durante o ano natural anterior, a porcentaxe de bonificación que se estableza na Lei de Presupostos Xerais do Estado en función do tamaño das empresas. As empresas de 1 a 5 traballadores terán un crédito establecido de 420€ por empresa. A empresa poderá bonificarse do crédito que lle corresponda, unha vez realizada a formación e abonado o importe da mesma, nos seguros sociais dentro do ano en curso.
As empresas de mais de 5 traballadores, para facer efectiva a bonificación, é necesario que realicen unha contribución privada, entendida como custe salarial dos traballadores formados en horario laboral. Non é unha contribución en cartos.

CATÁLOGO DE CURSOS
FORMACIÓN CONTINUA
Multitude de cursos privados que abren as portas a diferentes postos de traballo.

Cales son os requisitos para realizar o curso?
1. Ser maior de idade.
2. Ter a nacionalidade de algún dos Estados da Unión Europea.
3. Para a maioría, estar en posesión do título Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, de Técnico, ou outros equivalentes a efectos profesionais, ou superiores.
