8 de marzo «Día da muller»

valle-inclan-impresora-3d
A impresión 3D no centro
16 de mayo de 2017
valle-inclan-impresora-3d
A impresión 3D no centro
16 de mayo de 2017
día da muller

día da muller

Estamos orgullosos dos nosos alumnos. Porque o pasado 8 de marzo, polo Día Internacional da Muller, demostraron que a igualdade de xénero é cousa de todos. Mozos e mozas se esmeraron na realización de carteis e deron un NON ás diferenzas e un rotundo e alegre SI á igualdade, pousando para nós tan determinados como os vedes aquí.

Sabíades que o Día Internacional da Muller orixinouse en 1857? E non precisamente como unha celebración: aquel 8 de marzo, centos de mulleres dunha fábrica de téxtiles de Nova York saíron á rúa para protestar polos baixos soldos que percibían (eran menos da metade do que cobraban os homes) e polas pésimas condicións nas que traballaban. Aquela manifestación acabou mal, coa Policía dispersando a protesta. 120 das mulleres que decidiron gritar pola igualdade faleceron, pero as traballadoras non se deixaron amedrentar e dous anos despois fundaron o seu primeiro sindicato.


dia_da_muller_1

dia_da_muller_3