Que é a FPB?
Estudos de nivel 1 que te capacitan para exercer unha profesión.
E ademais, obtés o título da ESO.
Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.
A FP comeza coa FP Básica, logo veñen os graos: medio e superior.
Acceso a FPB.
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
- Ser proposto/a polo equipo docente.
- Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
- Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
- Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:
- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (FPB)
SERVIZOS ADMINISTRATIVOS
Denominación
Servizos Administrativos
Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
Duración: 2.000 horas lectivas
Familia profesional: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
NOTA: R.D. 12/2014.Art 17.5 O título profesional básico tera os mesmos efectos laborais que o título de graduado en ESO para o acceso a empleos públicos e privados.
Que título se obtén?
- Técnico básico en Servizos Administrativos.
- Título de graduado en ESO. (Artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia).
Saídas profesionais.
Desenvolve a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou do sector público, oficinas, despachos e departamentos de administración ou servizos xerais.
Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:
- Administración e xestión
- Artes gráficas
- Comercio e márketing
- Téxtil, confección e pel
- Vidro e cerámica
Entorno profesional.
Os postos de traballo máis salientables son:
- Auxiliar de: oficina, servizos xerais, arquivo, información, dixitalización, venda, dependente de comerzo.
- Ordenanza.
- Telefonista en servizos centrais de información.
- Clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia.
- Gravador/ora-verificador/ora de datos.
- Operador/ora: documental; de cobramento ou caixeiro/a.
Módulos formativos xerais a tódalas especialidades
Ciencias Aplicadas I e II. |
Comunicación e Sociedade I e II. | Formación en centros de traballo (FCT). |
Módulos formativos específicos
Arquivamento e comunicación. |
Tratamento informático de datos e Ofimática. |
Operacións administrativas básicas. |
Atención ao cliente, venda e preparación de pedidos. |
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (FPB)
REFORMA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS
Denominación
Reforma e mantemento de edificios.
Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
Duración: 2.000 horas lectivas
Familia profesional: EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL
NOTA: R.D. 12/2014.Art 17.5 O título profesional básico tera os mesmos efectos laborais que o título de graduado en ESO para o acceso a empleos públicos e privados.
Que título se obtén?
- Técnico básico en Reforma e Mantemento de Edificios.
- Título de graduado en ESO. (Artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia).
Saídas profesionais.
Desenvolve a súa actividade na área de producción, como traballador ou traballadora por conta allea en empresas privadas pequenas, medianas e grandes no sector da construcción, en edificios de nova planta e rehabilitación.
Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:
- Edificación e obra civil.
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Marítimo-pesqueira
- Transporte e mantemento de vehículos
Entorno profesional.
Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios.
Módulos formativos xerais a tódalas especialidades
Ciencias aplicadas I e II. |
Comunicación e sociedade I e II. |
Formación en centros de traballo (FCT) |
Módulos formativos específicos
Medicións, orzamentos e interpretación de planos. |
Acabamentos decorativos. |
Deseño gráfico en 2D e 3D. |
Pintura e empapelamento. |
Maquetas. |
Materiais de construcción. |
Falsos teitos. |