Que é a FPB? 

Estudos de nivel 1 que te capacitan para exercer unha profesión.

E ademais, obtés o título da ESO.

Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.

A FP comeza coa FP Básica, logo veñen os graos: medio e superior.

Acceso a FPB.

Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:

  • Ser proposto/a polo equipo docente.
  • Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
  • Ter feitos quince anos ou facelos durante o ano natural en curso.
  • Ter cursado o terceiro curso da ESO ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.

De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
  • Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos.
parallax background

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (FPB)

SERVIZOS ADMINISTRATIVOS

Denominación

Servizos Administrativos 

Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
Duración: 2.000 horas lectivas
Familia profesional: ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
NOTA: R.D. 12/2014.Art 17.5 O título profesional básico tera os mesmos efectos laborais que o título de graduado en ESO para o acceso a empleos públicos e privados.


Que título se obtén?

  • Técnico básico en Servizos Administrativos.
  • Título de graduado en ESO. (Artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia).

Saídas profesionais.

Desenvolve a súa actividade por conta allea, en calquera empresa ou entidade do sector privado ou do sector público, oficinas, despachos e departamentos de administración ou servizos xerais.

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Administración e xestión
  • Artes gráficas
  • Comercio e márketing
  • Téxtil, confección e pel
  • Vidro e cerámica

Entorno profesional.

Os postos de traballo máis salientables son:

  • Auxiliar de: oficina, servizos xerais, arquivo, información, dixitalización, venda, dependente de comerzo.
  • Ordenanza.
  • Telefonista en servizos centrais de información.
  • Clasificador/ora e/ou repartidor/ora de correspondencia.
  • Gravador/ora-verificador/ora de datos.
  • Operador/ora: documental; de cobramento ou caixeiro/a.
Ciencias Aplicadas I e II.
Comunicación e Sociedade I e II.
Formación en centros de traballo (FCT).
Arquivamento e comunicación.
Tratamento informático de datos e Ofimática.
Operacións administrativas básicas.
Atención ao cliente, venda e preparación de pedidos.
parallax background

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA (FPB)

REFORMA E MANTEMENTO DE EDIFICIOS

Denominación

Reforma e mantemento de edificios.

Nivel: FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA

Duración: 2.000 horas lectivas
Familia profesional: EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL
NOTA: R.D. 12/2014.Art 17.5 O título profesional básico tera os mesmos efectos laborais que o título de graduado en ESO para o acceso a empleos públicos e privados.


Que título se obtén?

  • Técnico básico en Reforma e Mantemento de Edificios.
  • Título de graduado en ESO. (Artigo 11 da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia).

Saídas profesionais.

Desenvolve a súa actividade na área de producción, como traballador ou traballadora por conta allea en empresas privadas pequenas, medianas e grandes no sector da construcción, en edificios de nova planta e rehabilitación.

Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das seguintes familias profesionais:

  • Edificación e obra civil.
  • Electricidade e electrónica
  • Fabricación mecánica
  • Informática e comunicacións
  • Instalación e mantemento
  • Madeira, moble e cortiza
  • Marítimo-pesqueira
  • Transporte e mantemento de vehículos

Entorno profesional.

Operario/a de albanelaría básica; axudante de albanel; peón especializado; axudante en pavimentación para urbanización; axudante de solador/ora; axudante de azulexador/ora; axudante de esacaiolista; auxiliar de xeseiro/a; axudante de acabamentos; auxiliar de empapelador/ora; axudante de pintor/ora; axudante de revestimentos continuos; axudante de mantemento básico de edificios.

Ciencias aplicadas I e II.
Comunicación e sociedade I e II.
Formación en centros de traballo (FCT)
Medicións, orzamentos e interpretación de planos.
Acabamentos decorativos.
Deseño gráfico en 2D e 3D.
Pintura e empapelamento.
Maquetas.
Materiais de construcción.
Falsos teitos.