Un día calquera

Curso de reanimación Valle Inclán
Curso de primeros auxilios. Estar preparados puede salvar vidas.
31 de enero de 2018
Colexio Valle Inclán visita a Policía Nacional
Visita á Policía Nacional
22 de marzo de 2018
Curso de reanimación Valle Inclán
Curso de primeros auxilios. Estar preparados puede salvar vidas.
31 de enero de 2018
Colexio Valle Inclán visita a Policía Nacional
Visita á Policía Nacional
22 de marzo de 2018
Colexio Valle Inclán

Colexio Valle Inclán

Un día calquera. Xa hai uns días destas fotos pero podería ser perfectamente hoxe o día en que traballamos con Excel na aula de informática.

Office é un conxunto de ferramentas indispensable en calquera oficina ou negocio. Aquí vemos aos alumnos de 2º Curso de FPB Servizos Administrativos na súa aula, traballando cunha ferramenta fundamental no mundo laboral. Estes rapaces e rapazas que en breve irán realizar prácticas nas múltiples empresas que colaboran con Colexio Valle Inclán, están a facer exercicios prácticos moi relacionados coa actividade laboral, para axudarlles a enfrontarse tanto co mundo laboral como a continuar coa súa formación se así o desexan.

 

Colexio Valle Inclán

 

Os campos de aplicación que ten Excel son infinitos e poden alcanzar multitude de áreas,

como educación, finanzas, produción, administración, entre outras. Noutras palabras, toda aquela persoa ou grupo de persoas que traballe en áreas onde se precise o procesamento de datos numéricos poderá sacar un gran rendemento e moito a esta ferramenta. A utilidade que presente Excel móstrase en practicamente calquera cousa que se faga, xa sexa a pequena ou ben a mediana escala. Levar o control de gastos persoais ou do fogar, levar o control de notas ou de asistencia (ideal para profesorado), realizar reportes gráficos, contabilizar, en resumo, as funcións de Excel van moito máis lonxe do que nos podemos imaxinar. Excel pódese empregar para infinidade de cousas, tanto no ámbito persoal como no ámbito profesional.

Ás veces cando pensamos nestas ferramentas só asociámola ao traballo e non se nos ocorre todas as vantaxes que ten no noso día a día; por exemplo levar a conta da gasolina que gastas mes a mes, ou a lista de contactos actualizada, ou as tarefas da semana, ou mesmo unha ferramenta para adelgazar de fronte ao verán, planificar as comidas da semana,

 

Colexio Valle Inclán